Así rematamos o ano 2011

Con estas imaxes do noso último concerto
queremos desexarvos a todos BO NADAL !!




Concerto de Nadal


Día:  9 de decembro,
Lugar:  Centro Cultural García Barbón
Hora: 19:45
Organiza: Agrupación Galicia Social.

Programa      
Canticorum iubilo (G.F. Händel)
Valseiro (A. Pintos)
Largo e Allegro del Concierto RV 93 en Re Mayor (A. Vivaldi)
Marcha das Chirimías e de S. Bieito (popular)
El noi de la mare (E. Cervera)


A voltas coa música


O domingo día 23 de outubro  celebraremos unha pequena homenaxe ós maiores. Será as 12:00 horas no salón parroquial de Coruxo.



ESPERÁMOSVOS !!

Vinde a vernos a Castrelos

Se queredes gozar unha vez máis da nosa música vinde a Castrelos o domingo 18 de outubro ás 17:00.
Esperemos que vos gusten estas pezas, porque son as que tocaremos:
        - Valseiro
        - La del Soto del Parral
        - Marcha das Chirimías
        - La leyenda del Beso
        - Mis noches sin tí

Vinde a vernos e disfrutaredes unha vez máis con nós.

Concerto fin de curso



Esta é unha pequena mostra do concerto celebrado o mes pasado no CRAC de Coruxo no que participamos conxuntamento os máis veteranos e os benxamíns do grupo. O video recolle a interpretación dunha zarzuela do mestre Soutullo: La del Soto del Parral.

Debut dos nosos benxamíns



Se queredes asistir ó debut dos pequenos artistas do grupo Cordas novas, será o próximo sábado 7 de Maio no salón de actos do CRACC, ás 19:30 horas.

NON CHE ESQUEZAS !!

XV Festival de Zarzuela

A zarzuela é a forma que adoptou a opereta no noso país. A opereta é unha representación teatral distinta da ópera, pois ten partes faladas e partes musicais. Na música popular galega destacou como compositor de zarzuelas e pasodobres o mestre Reveriano Soutullo. Naceu en Ponteareas no 1980, estudou en Madrid e entre 1919 e 1931 formó un famoso tandem con Juan Vert. Os dous xuntos chegaron a compoñer grandes éxitos como La leyenda del beso e La del Soto del Parral. Interpretaremos uns fragmentos de cada unha delas no FESTIVAL da ZARZUELA organizado pola Agrupación Galicia Social, que se celebrará no Cine-Teatro Salesianos de Vigo o próximo venres 8 de abril, ás 19:45 horas.
¡¡ E S P E R Á M O S V O S !!

Concerto homenaxe ós pais.


O sábado 19 de marzo, os que sexades amantes da música de corda, tedes unha cita con nós. Será ás 19:30 no auditorio do Centro Cultural "O Torreiro" de Priegue.

Interpretaremos a: Mozart (Due pupile amabili); Vivaldi (Rv 93), Juan del Encina (Ai , linda amiga!), A. Pintos (Valseiro) e tamén música popular.

ESPERAMOSVOS !!