Cita poético-musical en Panxón


O venres 19 de novembro,
ás 8:00 da tarde,
no Colexio "Huérfanos do mar" de Panxón
Recordaremos a unha muller dunha gran sensibilidade poética: Fina Álvarez Fernández.
Non faltes!!
Interpretaremos pezas como:
O largo, Vivaldi.
Ay linda amiga!
A marcha das chirimías.
Negra sombra.
Mis noches sin ti.
Por una cabeza.

Homenaxe aos maiores

O vindeiro domingo, 24 de outubro, ás 12 horas no Salón parroquial de Coruxo terá lugar un homenaxe aos maiores que celebran neste ano as Vodas de ouro (celebración dos cincuenta anos de matrimonio). Interpretaremos pezas de Vivaldi , Juan del Encina, Anxo Pintos e X. Montes . Invitámoste a compartir este tempo cos teus veciños e amigos.
Non che esquezas, o domingo as 12:00 horas !

Festival Interbarrios 2010

O día 13 de xuño as 19:00 horas celebrarase o Festival interbarrios 2010.
Neste festival actuarán grupos de todo tipo dende o grupo de gaitas ata o grupo de música. Os participantes nesta ocasión serán:
1º- Grupo pandereiteiras "Chorouvia" de Cabral.
2º- Grupo musica "Sete cuncas" de Matamá.
3º- Grupo "Cordas novas" do Cracc de Coruxo.
4º- Grupo de gaitas, percusión e acordeón do Cracc de Coruxo.


O festival celebrarase no salón de actos do Cracc de Coruxo.

Festa da cereixa, en Beade

30 de MAIO 2010
12:00 horas
Centro Cultural de Beade

Tradicionalmente, a parroquia viguesa de Beade, era unha gran produtora de cereixas de magnífico sabor. Os habitantes desta parroquia baixaban ao centro da cidade con cestos desta froita co fin de axudar á economía familiar. Pero este costume empezou a desaparecer cando a madeira de cerdeira comeza a ser moi apreciada polos fabricantes de mobles. Neste momento a comarca sofre unha talla sen medida ata case desaparecer as cerdeiras desta parroquia. Para recuperar o seu cultivo constitúese en 1986 a I Festa-Feira dá Cereixa de Beade.

Actuaremos en Beade con motivo desta Festa. No seguinte mapa podes informarte de como chegar ata alí.


Quen somos?

Chegou o momento de compartir este espazo web con todos vos. Somos o grupo Cordas Novas. Temos xa unha longa traxectoria musical. Moitos foron os que aprenderon a acariciar laudes, guitarras, bandurrias, violins e mandolinas ó noso carón.

O grupo formouse no ano 1987. Na actualidde está baixo a dirección de D. Adolfo Paz Silva. Dende os seus comezos especializouse na música de corda. Foi dura a tarefa ata consolidar un grupo de dez persoas que tocasen instrumentos como a bandurrria, o laud, a guitarra, a mandolina. Co paso do tempo e na medida que xurdiron novas necesidades incorporáronse instrumentos novos como a viola e o violín .

Ó longo da nosa andaina musical participamos en numerosos festivais de  habaneras, panxoliñas, así como en diversos Centros e Asociacións Vecinais (Ponteareas, Mondaríz Balneario, Chapela, Bueu, etc.).

Contamos cun repertorio ameno e variado no que se mestura o clásico e renacentista (como poden ser pezas do Cancioneiro de palacio, ou de Mozart e Vivaldi) con pezas populares como vals, habaneras, zarzuelas e pasodobres) todo iso sen esquecer a música popular galega (Marcha das chirimías, Alborada..) afía  

A música é son, o son é vibración e a vibración é enerxía.... Iso é precisamente o que nos mantén xuntos dende fai algúns anos: a enerxía positiva da música.

Onde estamos?

Fai clik na indicación azul e verás o noso enderezo.


Ver Cordas Novas nun mapa máis grande