Debut dos nosos benxamíns



Se queredes asistir ó debut dos pequenos artistas do grupo Cordas novas, será o próximo sábado 7 de Maio no salón de actos do CRACC, ás 19:30 horas.

NON CHE ESQUEZAS !!

XV Festival de Zarzuela

A zarzuela é a forma que adoptou a opereta no noso país. A opereta é unha representación teatral distinta da ópera, pois ten partes faladas e partes musicais. Na música popular galega destacou como compositor de zarzuelas e pasodobres o mestre Reveriano Soutullo. Naceu en Ponteareas no 1980, estudou en Madrid e entre 1919 e 1931 formó un famoso tandem con Juan Vert. Os dous xuntos chegaron a compoñer grandes éxitos como La leyenda del beso e La del Soto del Parral. Interpretaremos uns fragmentos de cada unha delas no FESTIVAL da ZARZUELA organizado pola Agrupación Galicia Social, que se celebrará no Cine-Teatro Salesianos de Vigo o próximo venres 8 de abril, ás 19:45 horas.
¡¡ E S P E R Á M O S V O S !!