REPERTORIO A-M


O repertorio do grupo é moi variado. Incluimos nel pezas clásicas  como Ave verum, Canticorum in iubilo, Due pupile amabile.....Outras máis populares, é o caso das   habaneras, chotis, pasodobres...E todo iso sen esquecer a nosa música popular galega ( Marcha das Chirimías, Negra sombra, Alborada de Pascual Veiga, etc.).


Nesta páxina iremos presentando as pezas mais queridas por nós.

´´´´´´´´
¡Ai linda amiga!


Peza anónima do s. XVI incluida no Cancioneiro de Palacio. Este cancioneiro é unha antoloxía da canción polífónica dos séculos XV e XVI que recolle máis de 400 composicións de autores moi variados. Destaca entre todos eles  o salmantino Juan de la Encina  con máis de sesenta obras.


¡Ay! Linda amiga que no vuelvo a verte

Cuerpo garrido que me lleva a la muerte
No hay amor sin pena
Pena sin dolor
Ni dolor tan agudo
Como el del amor
Ni dolor tan agudo
Como el del amor

¡Ay! Linda amiga que no vuelvo a verte
Cuerpo garrido que me lleva a la muerte


¡Ay! Linda amiga que no vuelvo a verte
Cuerpo garrido que me lleva a la muerte
Levanteme, madre
Al salir el sol
Fui por los campos verdes
A buscar mi amor
Fui por los campor verdes
A buscar mi amor

¡Ay! Linda amiga que no vuelvo a verte
Cuerpo garrido que me lleva a la muerte

CONCERTO en Re MAIOR RV 93  


Concerto composto por Vivaldi para o conde Johann Joseph von Writby  durante a viaxe que o compositor fixera á cidade de Praga en 1730, este nobre bohemio e melómano era moi aficionado ó laúd e un gran admirador do músico.  Alí escribiría despois tamén varias óperas.


DUE PUPILE AMABILE  
Nocturno KV 439 

Wolfgang Amadeus Mozart nace en Salzburgo en 1756 e dende moi pequeno mostra unha gran habilidade para a composición musical.



O VIUVO DO SUBMARINO  

Composta  por José Antonio Canta. Cantautor, poeta e escritor de relatos. O longo da súa corta vida compuso cancións sinxelas, pero cunha gran emotividade, sarcasmo e humor. Coñecido polo seu "Rap de los 40 limones".


   LA LEYENDA DEL BESO  

A unión dos mestres Reveriano Soutullo e Vert deixounos 31 pezas musicais. Delas nós selecionamos uns fragmentos de dúas zarzuelas: La leyenda del beso y La del Soto del Parral para presentar no Festival da Zarzuela celebrado en Vigo en Abril de 2011


MARIA LA O 
Sainete lírico cubano nun acto.
Texto orixinal de  Gustavo  Sánchez Galarraga.
Música de ERNESTO LECUONA.
Estrenada o 1 de marzo de 1930 no Teatro Payret de La Habana.

Obra interpretada por grandes artistas como: Plácido Domingo, Alberto Kraus, Elyane Célis e......NÓS MESMOS.


     MARCHA DAS CHIRIMIAS   e de San Bieito     

Versión adaptada por Adolfo Paz da peza popular do mesmo nome.  Milladoiro,  grupo de música folk e música celta moi admirado por todos recollena no seu disco Castellum Honesti  (1989). Nela se combinan instrumentos como a gaita galega, o violín, a bandurria e a viola.

  MIS NOCHES SIN TI 

Autores: Mª Teresa Otero (letra) e Demetrio Ortíz (música).  Pertence ó xénero musical coñecido como guaranía.
A guaranía é un estilo de música folclórica orixinaria de Paraguay e creada polo músico José Asunción Flores en 1925. É unha combinación de ritmo lento e melancólico.
Foi interpretada por cantantes tan coñecidos como Nino Bravo, José Feliciano e o grupo Os Panchos.

                                               *   *   *