Quen somos?

Chegou o momento de compartir este espazo web con todos vos. Somos o grupo Cordas Novas. Temos xa unha longa traxectoria musical. Moitos foron os que aprenderon a acariciar laudes, guitarras, bandurrias, violins e mandolinas ó noso carón.

O grupo formouse no ano 1987. Na actualidde está baixo a dirección de D. Adolfo Paz Silva. Dende os seus comezos especializouse na música de corda. Foi dura a tarefa ata consolidar un grupo de dez persoas que tocasen instrumentos como a bandurrria, o laud, a guitarra, a mandolina. Co paso do tempo e na medida que xurdiron novas necesidades incorporáronse instrumentos novos como a viola e o violín .

Ó longo da nosa andaina musical participamos en numerosos festivais de  habaneras, panxoliñas, así como en diversos Centros e Asociacións Vecinais (Ponteareas, Mondaríz Balneario, Chapela, Bueu, etc.).

Contamos cun repertorio ameno e variado no que se mestura o clásico e renacentista (como poden ser pezas do Cancioneiro de palacio, ou de Mozart e Vivaldi) con pezas populares como vals, habaneras, zarzuelas e pasodobres) todo iso sen esquecer a música popular galega (Marcha das chirimías, Alborada..) afía  

A música é son, o son é vibración e a vibración é enerxía.... Iso é precisamente o que nos mantén xuntos dende fai algúns anos: a enerxía positiva da música.

No hay comentarios:

Publicar un comentario